camino francéscamino portuguésGeneral

Nota de prensa enviada os medios de comunicación | Venres 13. 12:00 hs

Publicado el

A Asociación Galega de Albergues Privados (Agalber) recomenda o peche de todos os albergues de peregrinos, estén ou non asociados, ata que a situación de pandemia de Covid-19 estea baixo control e as autoridades sanitarias confirmen que non hai risco de contaxio. Os hospitaleiros, traballadores e propietarios dos albergues non cremos que sexamos capaces de evitar o 100% que haxa contaxios nos nosos albergues cas medidas de prevención que se recomendan desde as administracións actualmente, tanto entre peregrinos como co persoal que os atende. Pensamos que a única medida efectiva e o peche total dos nosos establecementos e levarémolo a cabo pese as repercusións económicas que ten para os nosos negocios, por responsabilidade social, e tamén para protexer o futuro do Camiño de Santiago, xa que non queremos que se convirta nun foco de contaxio e que a imaxe da peregrinación quede marcada durante moitos anos.
Esta postura e compartida por moitas outras asociacións de establecementos, asociacións de amigos do camiño e pola maior parte do sector turístico, tal e como se puxo de relevancia na reunión celebrada onte en Santiago coa consellería de Turismo. Desde Agalber deixamoslle claro o conselleiro que estamos dispostos a sacrificar os nosos negocios por responsabilidade, pero tamén que moitos precisaremos axudas económicas, fiscais e laborais, o antes posible para que cando isto pase poidamos estar preparados para volver a impulsar o camiño.
Desde Agalber queremos tamen concienciar os peregrinos e recomendar que volvan as súas casas, que pospoñan o seu viaxe, o camiño seguirá aquí cando esto pase, e agora mesmo pensamos que non e o momento de facelo, pola súa seguridade e a de todos. Dado que aínda hay peregrinos no camiño e tampouco queremos que se vexan desamparados, recomendaremos o peche total a partir do próximo luns. Dado que as administracións consideran que os albergues públicos deben seguir abertos os peregrinos que sigan vindo ata que se tomen restriccións máis severas deberán dirixirse os albergues públicos.