CAMIÑAMOS XUNTOS
Únete agora, xuntos sumamos máis
A nosa rede
Establecementos asociados en todos os roteiros do Camiño de Santiago. Se buscas aloxamento ou tes un albergue, somos a túa comunidade
Todos os camiños
A asociación conta cun gabinete legal, de xestión, comunicación e negociación de convenios para atender e dar servizo a todos os seus membros.
Unidos
Traballamos para que os nosos albergues ofrezan o mellor servizo posible aos nosos clientes.
Bookalbergue
O novo servizo de reservas directas creado por Agalber non ten comisións para o albergue nin para o peregrino. Conta con máis de 100 albergues.
Solicitude de alta para novos albergues
Se queres dar de alta o teu albergue na nosa plataforma, enche o noso formulario para novos socios. Para máis información, non dubides en contactar connosco.
"O camino é unha experiencia vital. O teu albergue é o recuncho onde recargas as ilusións para a seguinte etapa"
Agalber, a Asociación Galega de Albergues Privados, pon á túa disposición unha ampla rede de aloxamentos para que a túa experiencia sexa única e personalizada. Percorre os recunchos máis espectaculares de cada roteiro e forma parte da maxia do Camiño de Santiago.
Podes acceder aquí ao listado actualizado de albergues asociados.
Entrevista en Cadena Ser
Entrevista realizada a Miguel Ángel Rodríguez Aira, presidente de Agalber. A entrevista comeza no minuto 28.
Publicación en El Correo Gallego
O sábado 14 de marzo, El Correo Gallego, faise eco da nota de prensa enviada pola nosa asociación.
Nota de prensa
A Asociación Galega de Albergues Privados (Agalber) quere informar das medidas publicadas no DOG.