General

Nota de prensa enviada a medios de comunicación | Sábado 14 de marzo ás 14:00 horas

A Asociación Galega de Albergues Privados (Agalber) quere informar de que nas medidas tomadas onte e publicadas no Dog, se atopa a de decretar o peche de todos os albergues públicos da rede da Xunta, pero non se inclúen os albergues privados deixando así que cada establecemento sexa responsable de abrir ou non según o seu criterio. Consideramos que isto é un serio agravio comparativo, xa que o risco de contaxio é o mesmo en todos os albergues, sexan públicos ou privados, de xeito que a Xunta cerra os que son da súa responsabilidade pero non os nosos, deixándonos nunha situación de total indefensión. Todo isto, despois de que xa o xoves pola tarde lle trasladamos a consellería de Turismo, e o fixemos tamén publicamente, que estabamos e estamos dispostos a cerrar, antes incluso de que o recomenden as autoridades sanitarias.

Ademais, non se entende tampouco e que onte se comunique a prensa por parte da Xunta que se pechan todos os albergues de peregrinos do camiño, pero despois no Dog solo se faga referencia os públicos. Se isto foi un erro, reclamamos que se subsane o antes posible, e se non o foi solicitamos explicacións o respecto.

Por todo elo, non entendemos que non se tomara esa decisión no Dog publicado onte, e non sabemos ata cando pretenden as autoridades prolongar esta situación. Ante o inexplicable desta medida, desde a nosa asociación animamos de novo a todos os albergues e establecementos do camiño a que pechen canto antes e intentaremos que se nos escoite en todos os foros posibles para que a administración o faga obrigatorio o antes posible.
Constatamos que o malestar e xeral no sector, e moitas outras asociacións se están a sumar a pedir a Xunta que se inclúan todos os establecementos hoteleiros o antes posible.

Fuente: Agalber